19 nov 2015

Charla "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"

Acto: Charla "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"
Día:  20 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación de Mulleres Intercambio do Saber de Marín
O Museo Manuel Torres acollerá este venres, 20 de novembro, unha charla organizada pola Asociación de Mulleres Intercambio do Saber de Marín con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O acto que comezará ás 20h contará coa participación da presidenta da asociación Si, hai saída, Marta Rodríguez e coa parlamentaria Carme Adán.
A violencia machista afecta a todas as mulleres, indistintamente da clase social ou do nivel cultural, e o número de mulleres asasinadas indica que falta moita información e que aínda hai demasiada tolerancia ao redor deste problema.
Durante a charla as intervenientes farán unha análise do avanzado nos últimos anos para superar este grave problema e do que aínda queda por mellorar e as propostas das asociacións de mulleres que a lei aínda non recolle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario