27 nov 2015

Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)

Acto: Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)
Día: 29 novembro
Hora: a partir das 11h
Lugar: Multiusos da Praza de Abastos
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
O vindeiro domingo 29 de novembro a Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará unha nova edición do seu Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar) desta volta na súa edición de inverno.
Este mercado que puxo en marcha a asociación de mulleres vai pola súa 7ª edición amosando o acerto na súa organización cando con cada edición se aumenta o número de postos e a asistencia de máis público.
No mercado que comezará a partir das 11 da mañá alén de poder intercambiar e comprar produtos de segunda man, as persoas que asistan ao longo do día tamén gozarán das actuacións dos grupos de música tradicional Os Chaneiros e Os de Marín.
Desde O Abeiro animan a todas as persoas a colaborar e doar todas aquelas cousas que xa non usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidamos seguir adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario