27 nov. 2015

XI Semana do Mar

Acto: XI Semana do Mar
Día: 30 novembro a 6 decembro
Hora: 20h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Agrupación Cultural O Ronsel e Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu"
A Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu" e o Grupo Cultural Ronsel organizan do 30 de novembro ao 6 de decembro a undécima edición da Semana do Mar.
Esta edición que, ao igual que as anteriores, se celebrará na casa da cultura abrirase coa inauguración da exposición "A flota de Marín por un mar limpo" o luns 30 a partir das 20h e continuará con conferencias, proxeccións e saídas.
Programa:
  • Luns, 30 de novembro, ás 20h: apertura da Semana coa exposición "A flota de Marín por un mar limpo".
  • Martes, 1 de decembro, ás 20h: conferencia de D. Manuel Domínguez Rei "A conservación do medio mariño".
  • Mércores, 2 de decembro, ás 20h: proxección documental "Océanos de plástico" de Sandrine Feydel para TV France.
  • Xoves, 3 de decembro, ás 20h: conferencia de D. Benito H. Calviño Campelo "Por un mar limpo. A experiencia do porto de Marín e a súa flota".
  • Venres, 4 de decembro, ás 20h: proxección documental "Peixe, non tan san?" de Nicolás Daniel e Louis Barbeyrac para RT Rusa.
  • Sábado, 5 de decembro, ás 10h: excursión ao Museo do Mar da Guarda con saída da Casa da Cultura de Seixo.
  • Domingo, 6 de decembro, ás 11h: saída do porto de Aguete en embarcación de vela tradicional.
  • Domingo, 6 de decembro, ás 18h: clausura da Semana coa proxección do documental "Planeta Océano" de Yann Arthus-Bertrand e Michael Pitiot.

No hay comentarios:

Publicar un comentario