26 dic 2015

Proxección "A memoria nos tempos do volfram"

Acto: Proxección "A memoria nos tempos do volfram"
Día: 29 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín

Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín

A Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza, dentro da programación tradicional da homenaxe aos fusilados en fin de ano do ano 1936, a proxección da longametraxe documental dirixida por Antonio Caeiro, "A memoria nos tempos do volfram", sobre as minas de wolframio en Galicia na post-guerra civil.
Ao comezo Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no "El Dorado" para moitas persoas que procuraban diñeiro fácil ou sinxelamente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros .
Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas.
O documental  gañou o primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe “Espiello” (Huesca 2005).

No hay comentarios:

Publicar un comentario