22 ene 2016

Concerto de 2 na Fronteira

Acto: Concerto de 2 na Fronteira
Día:  29 de xaneiro
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo retoma este venres, 29 de xaneiro, as súas sesións dos “Venres do Ateneo” cun concerto do dúo musical 2 na Fronteira a partir das 21h.
O que máis caracteriza a este dúo, formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, é a calidade e paixón dos seus directos e unha grande orixinalidade e libertade artística nas súas composicións. Compoñen tamén temas orixinais para voz e harmonio portátil. Temas propios tamén na letra ó lado doutros que musican textos poéticos con delicadeza e respeto para co poema orixinal. Unha proposta innovadora e única. Poesía e música de piano e harmonio apta para todos os padais!
[Acceso á actuación: soci@s do Ateneo, 3 euros; non soci@s, 4 euros]

No hay comentarios:

Publicar un comentario