21 ene 2016

Charla-coloquio: "O Lago de Castiñeiras. Futuro incerto"

Acto: Charla-coloquio: "O Lago de Castiñeiras. Futuro incerto"
Día: 28 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Baixo o enunciado ‘O Lago de Castiñeiras. Futuro incerto’ o Club de Opinión PORTOCELO organiza unha charla-coloquio que terá lugar o xoves día 28 ás 20.00h na Biblioteca Pública Municipal, acto no que intervirán Daniel Rosales Rivas, presidente do Padroado Xestor da Fundación ‘Lago de Castiñeiras’ e o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez Villegas, redactor do Plan Director para a creación dun Xardín Botánico no monte de Cotorredondo.
Temario: Tras unha breve introdución histórica do lugar, os poñentes abordarán o estado actual da contorna Castiñeiras-Cotorredondo e a importancia social, turística, medioambiental, patrimonial, cultural e económica do parque e a súa contorna. Así mesmo farán mención ao estado de implicación das administracións e informarán sobre o peche do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre anunciado pola consellería de Medioambiente. Unha vez finalizadas as exposicións abrirase un coloquio entre os poñentes e o público asistente.
O presidente do club organizador, Ángel García Carragal, fai un chamamento á asistencia a este acto como mostra de apoio dos marinenses “á necesidade de salvar o máis importante enclave natural privilexiado de toda a comarca do Morrazo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario