13 ene 2016

Microteatro "o pack cósmico"

Acto: Microteatro "o pack cósmico"
Día:  16 de xaneiro
Hora: 19h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A compañía Bértola Teatro Desmontable vai representar este sábado, no Ateneo Santa Cecilia de Marín, a partir das 19:00 horas, a triloxía de microteatro “O pack cósmico”. A obra, escrita e dirixida polo artista, cineasta e dramaturgo pontevedrés Mario Iglesias, consta de tres pezas: “O que ten cu ten medo”, “A coincidencia cósmica” e “O cataclismo”. A montaxe foi galardoada en Boiro co Premio Pousadiño 2013 ao mellor espectáculo teatral. No acceso á función, o público achega unha doazón de 4 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario