4 feb 2016

Charla sobre a gastronomía do entroido

Acto: charla coloquio “A gastronomía do entroido”
Día: 5 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, 5 de febreiro, a partir das 20h o Ateneo Santa Cecilia acollerá unha charla sobre a gastronomía típica do entroido, na que falarán o xornalista Guillermo Campos e a dinamizadora cultural Queta Molas.
Guillermo Campos é un comunicador pioneiro en divulgación enogastronómica que colabora con diversos medios especializados: dende a revista decana Club de Gourmets a publicacións como Vino y Gastronomía ou El Pipiripao. Nos seus 40 anos de traxectoria como experto neste sector destaca que foi director da revista Paradores de España, estivo tamén á fronte das publicacións galegas Consumo e Andares Gozosos, e fundou a revista HG&T de hostalería, gastronomía e turismo, na que segue sendo o seu principal responsable.
Ademais está entre os promotores dos campionatos galegos de cociñeiros, sumilleres e maitres; participou no primeiro panel de cata da Denominación de Orixe Rías Baixas; implicouse na dinamización dos profesionais e dos produtos galegos de calidade; e ten publicado libros temáticos sobre viño, gastronomía e viaxes, como “Comer bien en Galicia”, editado por El País Aguilar. A súa relación con Marín remóntase aos estudos de Bacharelato que realizou nesta vila, da que foi pregoeiro en varias festas gastronómicas e celebracións tradicionais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario