7 feb 2016

Inauguración exposición Xaquín Soneira, Arxilarte e Enrique Santiago

Acto: Inauguración exposición Xaquín Soneira, Arxilarte e Enrique Santiago
Día: 17 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O artista marinense Xaquín Soneira é un dos artistas cuxa obra se poderá visitar ata o 5 de marzo na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia de Marín. A mostra que se inaugurará o mércores 17 de febreiro ás 20:00 horas nun acto aberto ao público, poderase visitar en horario de martes a venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas.
Soneira presenta unha serie de debuxos que representan os antergos marinenses, empregando a técnica do pastel sobre cartulina. Malia ser coñecido pola súa pintura abstracta, estes traballos -de trazos realistas e figurativos- son unha homenaxe ás xentes de Marín; outra volta ao seu estilo que o propio artista describe como ter comezado "a casa polo tellado".
Canda os debuxos de Xaquín Soneira, a exposición complétase con pezas cerámicas da Asociación de Ceramistas Arxilarte, elaboradas con técnicas de olería, modelado, placas ou experimentación en esmaltes. Estes traballos son o resultado dos últimos obradoiros de formación, investigación e divulgación da cerámica que Arxilarte vén desenvolvendo dende hai 16 anos.
Ademais das obras de Xaquín Soneira e dos ceramistas de Arxilarte, a exposición inclúe tamén traballos do artista Enrique Santiago.


No hay comentarios:

Publicar un comentario