17 mar 2016

Proxección "Soldados de Salamina"

Acto: Proxección "Soldados de Salamina"
Día: 31 de marzo
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia retoma o xoves 31 de marzo  na biblioteca de Marín “Os xoves de cine” coa proxección do filme “Soldados de Salamina” do director David Trueba.
Soldados de Salamina, baseada no libro de Javier Cercas,  conta a historia dunha novelista que deixou de escribir que rastrexa unha historia real sucedida nos últimos días da Guerra Civil: o escritor e falanxista Rafael Sánchez Mazas foi fusilado xunto a outros cincuenta prisioneiros, pero logrou fuxir e agocharse nun bosque. Ao parecer, un soldado dos que percorrían a zona para capturalo atopouno, mais deixouno fuxir.
A escritora recompón as pezas deste rompecabezas plagado de contradicións e personaxes enigmáticos. Coas súas investigación, aínda que non sexa consciente diso, non só procura a verdade desa historia, senón atoparse a si mesma.
A proxección comezará ás 21h e a entrada é libre para toda persoa que queira asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario