8 mar 2016

Concerto “Airiños de San Xulián”

Acto: Concerto “Airiños de San Xulián”
Día: 18 de marzo
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, 18 de marzo, o local do Ateneo Santa Cecilia acollerá unha nova sesión dos seus “Venres no Ateneo” a partir das 21h.
Desta volta o grupo convidado será a agrupación folclórica Airiños de San Xulián que ofrecerá un recital cunha selección de temas tradicionais.
Desta formación, embaixadores de Marín alí por onde van, destaca a perfección técnica das súas interpretacións musicais e dos seus bailes.
Para acceder á actuación, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia achegarán un donativo de 3 euros; 4 euros no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario