Acto: Presentación “Seique”
Día: 18 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Día: 18 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
O venres 18
de marzo, a Asociación Queremos Galego Marín presentará, dentro da súa sección
o Tiraverbas, o novo libro da escritora de Vilagarcía de Arousa Susana Sánchez
Aríns, “Seique”.
Susana
Sánchez Aríns, licenciada en filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa pola
Universidade de Compostela, publicara ata o momento tres libros de poesía:
[de]construçom; Aquilatadas; A noiva e o navio. Con Seique, a autora, dá o
salto á narrativa e faino cun libro que tal como di a súa capa non é un poemario, non é
un romance, non é un ensaio, non é unha pesquisa histórica. Porén “Seique”
recolle algunha cousa de cada un deses xéneros. Seique nace dunha estoria de
vida insignificante, anónima, para abordar unha reflexión sobre a desmemoria e
as maneiras de construír a historia.
Seique é un conxunto de diálogos ou conversas,
relatos curtos, poemas, contos, anacos de coplas populares, refráns, sentenzas
que tratan a temática da memoria histórica reconstruíndo unha historia familiar
sobre a represión franquista.
O acto de presentación que será aberto a todas
as persoas interesadas terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín a partir das
20h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario