23 mar 2016

Presentación "O dobrón de a oito"

Acto: Presentación "O dobrón de a oito"
Día: 1 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O venres 1 de abril o Ateneo Santa Cecilia acollerá a presentación do libro "O dobrón de a oito" do escritor pontevedrés Alberto Fortes.
"O dobrón de a oito" narra as aventuras do rapaz Martiño Santadrán na Galiza da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais.
Os feitos arrancan coa chegada do pratagonista á taberna de Lusquiños, que se levanta ao pé da praia do mesmo nome. É entón cando comezan a se destapar os enigmas que rodearon os últimos días do pai do protagonista, un artilleiro que morrera nun barco da real armada. A precipitación dos acontecementos na taberna fai que Martiño procure a axuda do fidalgo de Dornas e do curioso personaxe do gaiteiro Gures. Finalmente, os tres xuntos veranse na obriga de afrontar un perigoso destino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario