1 abr 2016

Presentación “A pedra do cervo”

Acto: Presentación “A pedra do cervo”
Día: 1
5 de abril
Hora: 20:
30h
Lugar:
Ateneo Santa Cecilia
Organiza:
Ateneo Santa Cecilia
O venres 15 de abril ás 20:30h o Ateneo Santa Cecilia acollerá a presentación do último libro do profesor e antropólogo Buenaventura Aparicio Casado, “A pedra do Cervo”.
Este libro, ilustrado por Pilar Castro Caamaño e publicado por Edicións do Cumio, conta a historia dun cervo moi especial. Unha invitación a coñecer os nosos petróglifos, esas figuras gravadas nas rochas que a ninguén deixan indiferente. Unha proposta con doses de tenrura, humor e fantasía. De agarimo pola nosa lingua e louvanza dunha terra única inzada de tesouros en forma de megalitos, insculturas, castros.
Este libro é especialmente recomendado para o público infantil, docente e persoas interesadas na historia, na arqueoloxía e no patrimonio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario