13 may 2016

Inauguración “Voilà La Femme”

Acto: Inauguración “Voilà La Femme”
Día: 24 de maio
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este martes 24 de maio, ás 20:00 horas, inaugúrase a XXIII edición da exposición Voilà La Femme, unha mostra coordinada por Celeste Garrido que reúne a obra de Bibí Martín, Sheii Broullón, Belén Diz Juncal, Kaulip Álvarez e Isabel Alonso. Cinco artistas en clave feminina con obras e estilos moi dispares, orixinais e de gran talento creativo.
Pezas de cerámica, debuxos feitos a lapis e acuarela sobre papel, retratos elaborados con tinta de bolígrafo BIC, pezas de madeira e cerámica, e instalacións artísticas a base de tela e elementos da vida cotiá, conforman esta mostra que naceu hai 21 anos para reivindicar o papel das mulleres no ámbito da arte e da cultura.
Apelando o seu lema, “Aquí está a muller”, a exposición apela a reflexión e a sensibilización do público sobre a igualdade entre mulleres e homes. “Voilà la femme”, que xa se consolidou na programación cultural do Ateneo Santa Cecilia como unha cita obrigada e de prestixio, aposta ademais pola visibilización de novas artistas con propostas arriscadas e innovadoras. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario