6 may 2016

Lectura do Manifesto pola Lingua

Acto: Lectura do Manifesto pola Lingua
Día: 14 de maio
Hora: 12h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín, Amig@s da Cultura, Trabalingua
As asociacións culturais Queremos Galego Marín, Amig@s da Cultura (Pontevedra) e Trabalingua (Vigo), con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, fan un chamamento á dignificación do noso idioma, a súa normalización e a recuperación do seu prestixio, polo que elaboraron conxuntamente un Manifesto polo Idioma ao que darán lectura pública o próximo sábado 14 de Maio na Alameda Rosalía de Castro de Marín ás 12h, á beira do monumento a Rosalía de Castro.
Encargarase da lectura do manifesto Guillerme Ignacio Costas, compoñente do grupo folk “Quempallou”, investigador da nosa música tradicional, mestre e veciño de Cela. O acto contará tamén coas intervencións do grupo de música tradicional “Trubincos do Batán” e as intervencións poéticas das mulleres de Trabalingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario