6 may. 2016

VII Festa da Lingua

Acto: VII Festa da Lingua
Día: 14 de maio
Hora: 12:30h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Almuinha
A asociación cultural Almuinha organiza a sétima edición da súa Festa da Lingua cun programa de actividades que comezan o xoves 12 de maio e que culminarán cun acto na Alameda Rosalía de Castro o sábado 14 de maio.
A programación do sábado comezará ás 11:30h cun pasarrúas do grupo de música tradicional Pousos da Area quen percorrerá distintas rúas e prazas de Marín chamando a veciñanza á lectura colectiva que terá lugar ás 12:30h na Alameda Rosalía de Castro.
Esta lectura colectiva de textos de Manuel María, na que pode participar quen o desexar, comunicándollo previamente á organización, estará amenizada polas intervencións musicais dos grupos Pousos de Area e Os de Marín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario