7 sept 2016

Actuación de Peter Punk

Acto: Actuación de Peter Punk
Día: 9 de setembro
Hora: 20:30h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Co espectáculo de Peter Punk arranca este venres, 9 de setembro, ás 21h na Alameda Rosalía de Castro o ciclo de actuacións no marco do programa Pontegal, que promove a Deputación de Pontevedra.
Peter Punk considerado o mellor pallaso galego do momento, con máis dun milleiro de funcións e distincións colleitadas en MundoClown e Festiclown RivasVaciamadrid, a traxectoria do humorista Isaac Rodríguez complétase con xiras por países europeos e latinoamericanos.
O personaxe de Peter Punk evoca o habitante literario do país de Nunca Xamais; un neno que se nega a medrar e que interpela constantemente o público na súa posta en escena, combinando a palabra coa súa destreza facendo enredos cos obxectos que porta na súa maleta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario