7 sept 2016

Charla “Sempre e máis despois” vida e obra de Borobó

Acto: Charla “Sempre e máis despois” vida e obra de Borobó
Día: 9 de setembro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza este venres, día 9 de setembro, a partir das 20h unha charla sobre a vida e a obra do escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó” co gallo do centenario do seu nacemento.
Borobó dirixiu en Galicia os diarios  La Noche, El Correo Gallego e trasladouse a Madrid para desempeñar diversos cargos noutros medios de comunicación. Retirouse nunha aldea de Boiro, localidade da que é fillo adoptivo. Ademais de ter sido nomeado fillo predilecto da súa vila natal, Pontecesures, é fillo adoptivo de Caldas de Reis a título póstumo.
Destacado exponente do xornalismo literario e cultural da época, foi distinguido con numerosos premios, como o Pedrón de Ouro e a medalla Castelao.
A charla será impartida pola marinense Ana Acuña, doutora en filoloxía galega e profesora na Universidade de Vigo, quen trazará unha semblanza vital e profesional de quen fora o seu mestre, quen acuñou o concepto “madrilegos”, para se referir aos galegos residentes en Madrid. Un termo no que Acuña se apoiou para elaborar a súa tese de doutoramento e para escribir o libro“Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), polo que recibiu o Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio. A súa ponencia no Ateneo leva por lema “Sempre e máis despois”, un verso do poeta Manuel Antonio ao que Borobó fixo referencia no seu libro “Daniel, o noso”, dedicado a Castelao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario