Acto: Actuación Mago José
Día: 23 de setembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Día: 23 de setembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O
Mago José será o protagonista da actuación deste Venres do Ateneo a
partir das 21:00 horas e para todos os públicos, na que vai mesturar divertidos
xogos con cartas, moedas, panos, cordas e outros elementos comúns. A
participación dos asistentes é fundamental, facendo así que o espectáculo
adquira dinamismo e que tanto pequenos como maiores se involucren no ambiente
máxico e sorprendente da velada.
Cunha
traxectoria que suma 15 anos de experiencia en numerosos escenarios, o Mago
José é un artista habitual en cafés-teatro, festas e locais de ocio da
provincia de Pontevedra, especializándose en maxia de salón. Tamén ten actuado
nos encontros máxicos que se veñen realizando dende hai cinco anos en
Redondela, co lema “Búrbida máxica”.
No
acceso ao espectáculo, que forma parte do programa Pontegal da
Deputación de Pontevedra, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia achegan
unha doazón dun euro; dous euros no caso dos non socios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario