19 sept 2016

Inauguración exposición “Carrumeiros”

Acto: Inauguración exposición “Carrumeiros”
Día: 19 de setembro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia inaugura este luns 19 de setembro, ás 20:00 horas, unha nova exposición, titulada “Carrumeiros”. O seu autor é o artista autodidacta Enrique Santiago Esperón, que emprega como materia prima a pedra e o metal para crear unha paisaxe submarina formada por unha instalación de elementos inspirados nas algas.
A luz ten moita importancia nesta mostra, filtrándose a través das formas, dos volumes e das súas oquedades, incidindo no metal e creando unha atmosfera a base de claroscuros. Os oficios tradicionais, a influencia doutros artistas e a súa evolución persoal imprimen un carácter propio na obra de Enrique Santiago Esperón, chea de simbolismo.
A exposición estará aberta ao público ata o 30 de setembro e poderase visitar de martes a venres entre as 18:00 e as 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario