Acto: Actuación de Alejandro Galansky
Día: 21 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Día: 21 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O
‘Venres do Ateneo’ ten programada para esta semana unha velada musical a cargo
do músico moañés Alejandro Galansky, ás 21:00 horas. O seu repertorio incluirá composicións
de diferentes estilos, dende o máis clásico ata o jazz, pasando pola música
folk, o pop ou os sons orixinarios do leste de Europa.
Titulado
superior en Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo,
actualmente cursa o Grao Superior na especialidade de saxofón, o instrumento
que vai centrar a súa actuación no Ateneo Santa Cecilia de Marín. Tamén imparte
clases de música, é luthier de vento-madeira (saxofón e clarinete) e, como
compositor, fai arranxos musicais e obras orixinais para agrupacións musicais,
ademais de bandas sonoras para traballos audiovisuais.
O
recital de Alejandro Galansky enmárcase no ciclo Pontegal da Deputación de
Pontevedra. No acceso, os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2
euros no caso dos non socios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario