12 oct 2016

Actuación de Pinto de Herbón e Suso de Xornes

Acto: Actuación de Pinto de Herbón e Suso de Xornes
Día: 14 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia acolle este venres, 14 de outubro, a actuación dos regueifeiros Pinto de Herbón e Suso de Xornes no marco do programa "Pontegal" da Deputación de Pontevedra e dentro da programación dos "Venres no Ateneo".
Na actuación que comezará ás 21h, Pinto de Herbón e Suso Xornes protagonizarán un audaz desafío dialéctico baseado na espontaneidade, no enxeño e na orixinalidade para crear rimas. A regueifa é a manifestación máis estendida en Galicia dunha ancestral arte popular consistente na improvisación oral en verso.
No acceso a este recital, as e os socios do Ateneo achegarán unha doazón de 1 euro; 2 no caso das e dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario