26 oct 2016

Actuación de Xosé Duarte Rañó

Acto: Actuación de Xosé Duarte Rañó
Día: 28 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O venres 28 de outubro,  ás 21:00 h, o Ateneo Santa Cecilia organiza a actuación musical de Xosé Duarte Rañó.
Xosé Duarte, home polifacético onde os haxa,  é fotógrafo, autor, compositor e intérprete de cancións con letras propias e doutros autores e poetas galegos contemporáneos. Con tan só 18 anos participou co seu grupo RODAXE na nova xeira da canción galega tocando ao carón doutros artistas por toda a xeografía galega e do norte de Portugal.
Posteriormente trasládase a Barcelona para estudar na Aula de Música Moderna e Jazz. Recentemente rematou os seus estudos de Grao Profesional na especialidade de guitarra clásica no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía. E nestes momentos segue adiante co proxecto de difundir a súa creación musical coa gravación do que sería o seu primeiro traballo discográfico.
O seu estilo impregnado de eclecticismo abrangue diversos estilos musicais (MPB, fussión, etnico, folk, pop) co que tenta conquerir coas súas composicións, unha música de caracter intimista, non carente dun certo lirismo de vangarda, sen esquecer as súas raices atlánticas e a influenza dos países aos que aglutina a lusofonía (Galicia, Brasil, Portugal…) xerme da identidade da nosa fala, así como das músicas dos pobos celtas (Irlanda).


No hay comentarios:

Publicar un comentario