30 oct 2016

Actuación de Pedro Brandariz

Acto: Actuación de Pedro Brandariz
Día: 4 de novembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia

Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O cómico galego Pedro Brandariz visitará Marín esta semana para participar no ‘Venres do Ateneo’, a partir das 21:00 horas. Co seu monólogo “Profundizando na Galicia profunda” abordará a vida da poboación galega en clave de humor, analizando aspectos da cultura, da lingua, das forma de expresarse e de relacionarse no núcleo familiar.
A morriña, as festas tradicionais, a gastronomía, os costumes da sociedade e outros aspectos da idiosincrasia galega quedarán retratadas na súa divertida exposición, coa que fará que o público ría a gargalladas ao recoñecerse e identificarse co vivo retrato que vai trazar nesta función, que se enmarca no ciclo Pontegal, da Deputación de Pontevedra.
Con media vida sobre os escenarios, Pedro Brandariz ten viaxado por toda Galicia e toda España compartindo o seu discurso humorístico. Formado no mundo do clown con mestres como Leo Bassi, Carlo Colombaioni ou Jango Edwards, ampliou a súa faceta interpretativa como narrador, showman e actor, tanto en compañías de teatro clásico como en actuacións para público infantil, programas de televisión ou mesmo curtametraxes e cinema experimental.
Actualmente forma parte dos grupos Os Sete Magníficos máis Un, DINAMOteatro, Teatro do Astracán e Manicómicos. Anteriormente tamén participou noutras formacións como Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos. Tamén colabora habitualmente en espacios radiofónicos e na TVG.

No acceso á actuación de Pedro Brandariz, os socios do Ateneo achegan unha doazón de un euro; dous no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario