22 dic. 2016

Chegada do Apalpador

Acto: Chegada do Apalpador
Día: 31de decembro
Hora: 17h
Lugar: rúas de Marín
Organiza: Almuinha, Gharaboto, Asociación Marinense de Artesáns
A A.C. Almuinha, A.C.D. Gharaboto e a Asociación Marinense de Artesáns  organizan a chegada do Apalpador a Marín para o sábado 31 de decembro.
O apalpador percorrerá as rúas de Marín, acompañado do seu grupo de músicos, a partir das 17h. Durante o seu percorrido irá repartindo doces a toda a rapazada, estando prevista para as 18h a chegada á carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro.

Na carpa da Feira as asociacións organizadoras entregarán os premios do II Concurso de Debuxos “Debuxando o Apalpador”, cuxas bases se poden ver no blogue da asociación cultural Almuinha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario