Acto: charla “O sistema eléctrico a debate”
Día: 10 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
Día: 10 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
Este venres día 10 de febreiro a partir das
20:00h. no Museo Manuel Torres a asociación cultural Almuinha organiza unha
charla que levará por título "O sistema eléctrico a debate".
Para este charla a asociación Contará coas
intervencións de Fernando Branco Parga (Secretario de Enerxía da Federación de
Industria da CIG) que falará do funcionamento do sistema eléctrico e da demanda
dunha Tarifa Eléctrica Galega, e Xosé M. Golpe Acuña (Asesor enerxético) que dará
unha explicación sobre o recibo eléctrico.
É un tema de notoria actualidade, tras as
noticias que vimos recibindo desde que comezou o ano. Por unha banda, a
importante suba do prezo do recibo da luz, calculado en arredor de 100 euros de
media, e por outra banda, os enormes beneficios acadados polas grandes empresas
do sector. Noticias de difícil dixestión para a inmensa maioría dos fogares
galegos.
E mais tendo en conta que Galiza é un país produtor de enerxía. Na nosa Terra soportamos os custes sociais e ambientais de produción, exportamos electricidade a outros territorios e non recibimos ningún tipo de beneficio por isto, pois a nosa condición de País produtor e exportador non se ve reflectido nin na factura da luz nin en calquera outro concepto.
E mais tendo en conta que Galiza é un país produtor de enerxía. Na nosa Terra soportamos os custes sociais e ambientais de produción, exportamos electricidade a outros territorios e non recibimos ningún tipo de beneficio por isto, pois a nosa condición de País produtor e exportador non se ve reflectido nin na factura da luz nin en calquera outro concepto.
Mais por se isto fose pouco, hai escasos días
milleiros de fogares galegos ficaron sen luz durante horas, e en moitos casos
durante varios días, chegando a levarse por diante a vida dunha
persoa. Cómpre ser razoábeis nestes casos, e ser conscientes de que as
condicións climatolóxicas foron moi adversas, mais non é menos certo que as
instalacións, sobre todo no rural galego, deixan moito que desexar e son
manifesta e necesariamente mellorábeis.
O vivido estes pasados días en Galiza non é
propio dun país de primeira.
Almuinha considera moi importante abordar o
tema do sistema eléctrico nun acto que lle permita achegarse ás persoas que
asistan a como funciona este sector no Estado español; por que a demanda
dunha Tarifa Eléctrica Galega constitúe unha importante reivindicación de
importantes sectores sociais, sindicais e políticos do noso País; como
entender o recibo da luz e por que pagamos as cantidades que pagamos como
consumidores/as, así como tratar a importante suba anunciada para este ano nos
recibos da luz; e a falar do servizo que recibimos.
Por todo isto, e xa por último, a asociación anima
a que a xente asista ao acto e participe, pois é un tema de moita
relevancia e actualidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario