1 feb 2017

Concerto de Mardeafora

Acto: Concerto de Mardeafora
Día: 10 de febreiro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia recibe este venres, a partir das 21:00 horas, o grupo Mardeafora, formado pola solista Alba Blanco, e polos guitarristas Miguel Villanueva e Xavier Blanco. Interpretarán un repertorio musical con influencias do folk e do jazz, predominando “un estilo persoal que non encaixa moi ben nunha soa das categorías clásicas”.
Os inicios deste proxecto musical remóntanse á pasada década, cando os seus compoñentes de Mardeafora participaban noutros grupos e uníronse para “contar historias a través da música”.
Dos tres, o marinense Miguel Villanueva destaca por unir a súa faceta musical á de pintor e activista cultural. Ademais, foi vicepresidente do Ateneo Santa Cecilia, dirixiu Radio Cecilia e coordinou en Marín as xornadas Teatro na Rúa. Actualmente expón unha escolma da súa obra no Museo Manuel Torres.
No acceso á actuación de Mardeafora, que forma parte do ciclo Pontegal da Deputación de Pontevedra, os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euros; 2 euros os non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario