8 ene 2017

Club de lectura do Abeiro: "A voz do vento"

Acto: Club de lectura do Abeiro "A voz do vento"
Día: 12 de xaneiro
Hora: 18h
Lugar: Cámara Agraria
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
Este xoves 12 de xaneiro terá lugar unha nova sesión do club de lectura da Asociación de Mulleres O Abeiro no local da Cámara Agraria da Banda do Río.
No club de lectura que comezará ás 18h falarase da novela de Pemón Bouzas “A voz do vento”, na que o autor relata como a comezos do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.
O Abeiro anima a todas e todos os amantes da lectura a unirense a este club e gozar da literatura e a conversa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario