20 ene 2017

IV Serán Pousos da Area

Acto: Serán Pousos da Area
Día: 28 de xaneiro
Hora: 18 horas
Lugar: Multiusos Praza de Abastos
Organiza: Pousos da Area
A agrupación cultural e folclórica Pousos da Area organiza por cuarto ano consecutivo, o vindeiro 28 de xaneiro, o seu serán Pousos de Area co que quere recuperar os seráns, reunións de carácter festivo que se celebra desde hai moitos séculos nas aldeas de Pontevedra e Ourense ao caer o día.
No serán que terá lugar no Multiusos da Praza de Abastos, haberá postos de artesanía a partir das 18h, xogos tradicionais para crianzas e maiores a partir das 19h.
Ás 21h na Alameda Rosalía de Castro producirase á chamada ao serán que comezará no multiusos ás 21:30h.
Durante o serán repartiranse orellas e chocolate con rosca, e para aquelas persoas que aganten ata máis tarde haberá queimada.
Tamén, e como actividade previa ao serán, o Museo Manuel Torres acollerá desde o día 21 de xaneiro unha exposición de traxes tradicionais de nadal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario