19 ene 2017

Concerto de Diana Tarín

Acto: Concerto de Diana Tarín
Día: 27 de xaneiro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Diana Tarín actuará este venres 27 de xaneiro no Ateneo Santa Cecilia no marco das sesión “Venres do Ateneo”, a partir das 21h.
Diana Tarín é unha cantante e pianista afrocubana. Filla e neta de músicos de renome na súa illa, con tan só 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femeninas que viaxaron a diferentes países, principalmente en Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.
Graduouse como pianista en Vigo, ao tempo que colaborou en diferentes gravacións musicais, varias delas de ámbito internacional. Actualmente é profesora de música na escola Rock School Music CDM de Ponteareas.
Artista versátil, o seu universo musical é longo e funciona ben coa familiaridade da tradición cubana, o jazz, pasando pola bossa nova, funky, soul, o bolero.
[No acceso ao recital, achégase unha doazón de 1€; 2€ os non socios. Actividade enmarcada no ciclo Pontegal da Deputación de Pontevedra]


No hay comentarios:

Publicar un comentario