6 mar 2017

Conferencia “O entroido dos Quinteiros”

Conferencia “O entroido dos Quinteiros”
Día: 29 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
O vindeiro mércores 29 de marzo a A.C. Almuinha celebrará unha charla sobre o Entroido no rural de Marín dos anos corenta.
Contará co testemuño de Ángel Estévez, veciño de Santomé que relatará os recordos da sua infancia sobre as celebracións do Entroido. Tamén falará Queta Molas, quen achegará datos sobre as celebracións na vila. A charla terá lugar no Museo Manuel Torres ás 20 horas.
O Entroido galego é unha celebración de longa tradición na cultura popular, unha festa motivo de persecución e represión nos anos da ditadura, pero que pese á prohibición se continuou celebrando nalgunhas zonas do rural onde se conservaron celebracións moi particulares.
Coa fin da ditadura franquista as festas de entroido transformáronse e volvéronse cada vez máis urbanas e con novas modalidades, esquecendo o Entroido máis enxebre.
Con este acto Almuinha quere recuperar a memoria da celebración do Entroido máis antigo de Marín xa esquecido por moitos, polo que anima a asistir e escoitar os relatos do noso veciño Ángel Estévez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario