5 mar 2017

V Aniversario de Cousas de Carragal

V Aniversario de Cousas de Carragal
Día: 25 de marzo
Hora: 16h
Lugar: Pavillón IES Illa de Tambo
Organiza: Cousas de Carragal
O vindeiro sábado, día 25 de marzo, terá lugar o festival blogueiro COUSASDECARRAGAL-V ANIVERSARIO dentro do cal se fará a entrega de premios ao labor asociativo que desenvolven os colectivos sociais, culturais e deportivos do municipio que nesta ocasión recaen na agrupaciòn folclórica Airiños de San Xulián; ACD Ancoradouro; o Club Gimnasia Rítmica ‘In Mare’ e a Asociación Amigos dos Rapaces da Lameira. 
A programación celebrarase no pavillón deportivo do instituto Illa de Tambo onde, a partir das 17.00h, actuarán os grupos das asociacións nominadas, é dicir, o de gaitas e baile ‘Airiños de San Xulián’; o de ximnasia ‘In mare’, e a comparsa dos Amigos dos Rapaces.
Previamente, ás 16.00h, xogarase un partido de fútbol sala no pavillón da Cañota organizado por ‘Ancoradouro’, en disputa do trofeo “Joyería Arizaga”. Tras o éxito alcanzado o ano pasado, no que foron premiados Gharaboto, Pescadores Tenlo, Xadrez Marín e Mulleres O Abeiro, este festival repítese na súa segunda edición apoiada polo Concello de Marín, a través da concellaría de Deportes; a Asociación de Comerciantes ‘Estrela de Marín’; o Centro de Fisioterapia Lois; Frigorificos Silveiro Iglesias e a Cafetería Aroma.
Ao finalizar o festival as e os directivos das entidades participantes, amigos e familiares, así como toda persoa que o desexar, compartirán unha cea-baile (poden inscribirse chamando ao teléfono 670654334) no trascurso da cal se fará entrega dos premios COUSASDECARRAGAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario