8 mar 2017

Presentación “A soidade das medusas”

Presentación “A soidade das medusas”
Día: 31 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
O venres 31 de marzo, a Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección “O Tiraverbas”, presentará o segundo libro, “A soidade das medusas”, da escritora afincada no Morrazo Iria Collazo López.
“A soidade das medudas” é un libro de relatos, acompañados das marabillosas ilustracións de Luz Beloso, que axudan da reflexionar sobre a vida, a morte, a soidade, os condicionantes que afectan as nosas vidas e que ás veces nos van unindo ou separando dos demais.
A través das personaxes do seus relatos, aparentemente desconexos, a autora transmite o que dixo a filósofa María Zambrano, “todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais”.
Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro en Moaña, agora en Cangas) desde os sete anos. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Na actualidade exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña. 
Para a presentación deste libro, que terá lugar o 31 de marzo ás 20h na biblioteca de Marín, a Asociación Queremos Galego Marín contará coa presenza da súa autora, Iria Collazo López, da ilustradora Luz Beloso e do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario