15 abr 2017

Homenaxe ao Aviador Calviño

Homenaxe ao Aviador Calviño
Día: 7 de maio
Hora: 12:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: 
Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O grupo de acción cultural "Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín" organiza unha homenaxe póstuma a José Eusebio Calviño Juncal, coñecido popularmente como "Aviador Calviño", piloto marinense falecido en acto de servizo en Barcelona en 1927 cando, á idade de 26 anos, pilotando un hidroavión da Aviación Naval Española, sufriu un tráxico accidente.
O colectivo que preside Ángel García Carragal realizará esta homenaxe o domingo 7 de maio na Biblioteca Municipal e conta coa colaboración institucional do Concello de Marín e a ENM, ademais da participación da AA VV de Mogor.
O acto consistirá nunha disertación sobre "100 anos de Aviación Naval. De Calviño ao futuro" e un esbozo do homenaxeado. Ás 14.00 horas realizarase unha ofrenda floral na casa natal do Aviador Calviño, coa actuación do grupo "Picuíña" e para finalizar as e os asistentes acudirán a unha comida de confraternidade, coa entrega dunha distinción póstuma á familia de José Eusebio Calviño Juncal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario