14 abr. 2017

“Recital en espiral” de Tamara Andrés

Recital: “Recital en espiral” de Tamara Andrés
Día: 5 de maio
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Neste ‘Venres do Ateneo’ a poeta Tamara Andrés protagonizará o recital “Poesía en espiral”, a partir das 21:00 horas na Biblioteca Pública de Marín, con entrada libre. Autora polifacética, ten publicado a novela “Amentalista” e o poemario “Nenæspiraes”, co que gañou o Premio de Poesía O Facho 2015; galardón que se suma ao 2º premio do Concurso de Poesía Díaz Jácome e o IV Certame de Relato Curto da FANPA Pontevedra, ambos en 2016. Ao longo deste ano sairá do prelo a súa nova obra poética, “Habit(u)ar las casas”.
Natural de Combarro, Tamara Andrés é graduada en Tradución e Interpretación, titulada no Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura, e no Máster para o Profesorado. Actualmente complementa a súa formación estudando Filoloxía Hispánica.
Compaxina a súa actividade académica coa docencia de linguas, a produción literaria, a tradución de libros, a participación en proxectos audiovisuais como a curtametraxe “Tiempos olvidados” e a webserie “La última piedra”, e os contacontos para público infantil no grupo Fedellas. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario