24 ago 2017

Charla “As fábricas de salazón e conserva en Marín”

Charla “As fábricas de salazón e conserva en Marín”
Día: 6 de setembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
Coincidindo coa semana de exaltación das festas da patrona de Marín, Santa María do Porto, ‘Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín’ integradas no seo do club de opinión ‘Portocelo’, organiza unha charla sobre ‘As fábricas de salazón e conserva en Marín’, que terá lugar o mércores día 6 de setembro no Museo M. Torres as 20.00 h. A entrada é libre.
Exposición: “Na metade do século XVIII chegan a Galicia os fomentadores cataláns situándose nas principais vilas costeiras para explotar a pesca e desenvolver a industria da salazón e prensado da sardiña. A Marín chegarían co inicio do século XIX abrindo bodegas para o salgado do peixe ao mesmo tempo que introducían os seus avanzados métodos de pesca. Pronto abrirían industrias propias na vila asentándose ao pe do mar construíndo rampas e peiraos para a descarga do peixe directamente Ás súas conserveiras. Foi unha das etapas máis importantes do despegue económico da vila marinense que merece ser recordada”.
A charla estará a cargo do escritor e historiador Lino Pazos (autor do libro ‘Salazones y Conserveras. Memoria Gráfica de un Patrimonio’) que será presentada pola xornalista pontevedresa Milagros Bará.


No hay comentarios:

Publicar un comentario