12 nov. 2017

Proxección de “Patagonia, utopía libertaria”

Proxección de “Patagonia, utopía libertaria”
Día: 17 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Dentro da programación do 65 Aniversario do Ateneo Santa Cecilia, este venres día 17 as 20h no Museo Manuel Torres proxectarase o filme documental "Patagonia, Utopía Libertaria".
Trátase dun documento rodado polo director Xan Leira, sobre un persoeiro de Ferrol terra que a principios do século XX, como moitos outros galegos marcharon na procura dunha mellor vida en Arxentina.
Despois dun tempo en Bos Aires, trasládase á Patagonia onde as pésimas condicións de vida e explotación dos obreiros e traballadores era tal que Antonio Soto convértese nun dos máis grandes loitadores sindicais de América Latina.
Interveñen neste documental, historiadores como Ramón Villares, Oswaldo Topsic, Dionisio Pereira ou Oswaldo Bayer, escritores como David Viñas, Antonio Prado e Carlos Vega, sindicalistas como Víctor de Genaro, Jacobo Magib ou Emilio Cagiao, militares como o Coronel Orlando Punzi, políticos como Luís Godoy, ex senador de Chile, Jorge Cepernic, ex gobernador de Santa Cruz ou Raúl Alfonsín, ex presidente de Argentina, o seu biografo Lois Pérez Leira, actores como Luís Brandoni, Pepe Soriano ou Héctor Alterio.
Interven tamén de forma especial unha das fillas do protagonista, Isabel Soto que agora reside no Ferrol.
Esta película fala da memoria de Galicia e dos galegos, emigrantes, traballadores e loitadores polas libertades. Esta proxección vai ser a estrea en Galicia, e forma parte dunha serie de documentais do seu director.
Ao finalizar a sesión poderese compartir diálogo e debate co propio director Xan Leira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario