2 nov 2017

Entrega dos premios Facendo Historia 2017

Acto: Entrega dos premios Facendo Historia 2017
Día: 12 de novembro
Hora: 12h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O grupo de acción cultural Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín organiza o 12 de novembro a entrega da VI edición dos premios Facendo historia.
Nesta ocasión serán entregados a Diego Landín del Río, bailarín de danza clásica fundador do Ballet Galicia; a Rosalía Santiago Touceda, farmacéutica; a Miguel González Bastón, histórico futbolista e a Safricope empresa frigorifica do Porto de Marin.
A cerimonia de premios realizarase na Biblioteca Pública de Marín no medio dunha serie de eventos que comezarán ás 12h00 coa lectura de semblanzas dos premiados; entrega de diplomas; discurso da alcaldesa, María Ramallo; e o concerto "Facendo Historia" do Grupo de Cámara de da Escola de Música ‘Musimarín’.

Ao final, haberá unha comida de confraternización na que será entregado os premios que consisten nunha figura escultórica e simbólica dunha pasaxe histórica de Marín, traballo do escultor marinense Paulo González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario