28 dic 2017

Conferencia “A represión franquista en Galicia. Algunhas claves interpretativas”

Conferencia “A represión franquista en Galicia. Algunhas claves interpretativas”
Día: 29 de decembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
O venres, día 29, o profesor Julio Prada Rodríguez ofrecerá a conferencia “A represión franquista en Galicia. Algunhas claves interpretativas”. Comezará ás 20 h. no Museo Manuel Torres.
Julio Prada Rodríguez é profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, secretario do Centro Asociado da UNED de Ourense e licenciado en Dereito. Está especializado no estudo da violencia política, o primeiro franquismo (a II República, a guerra civil e a represión) e a transición á democracia; conta cunha ampla e intensa traxectoria na investigación, tendo dirixido varios proxectos e publicados unha vintena de libros, ademais de numerosos artigos e participacións en congresos. Foi Premio de Investigación Histórica de Galicia “Antonio Fraguas” e é considerado como un dos máis recoñecidos investigadores en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario