22 dic 2017

Chegada do Apalpador a Marín

Chegada do Apalpador a Marín
Día: 31 de decembro
Hora: 17h
Lugar: rúas de Marín
Organiza: Almuinha, Gharaboto e Asociación Marinense de Artesáns
A asociación Almuinha conxuntamente coa asociación Gharaboto e a Asociación Marinense de Artesáns organiza a chegada do apalpador a Marín para o vindeiro domingo 31 de decembro.
Ese domingo, o apalpador percorrerá a partir das 17h as rúas da vila acompañado do seu grupo de músicos (Os de Marín) e achegarase a toda a rapazada para repartir doces. Ás 18h chegará á carpa da Feira de Artesanía na Alameda Rosalía de Castro onde entregará os premios do III concurso de debuxos “Debuxando o apalpador”.
Para que a espera sexa máis levadeira, na carpa da Feira de Artesanía estará instalado o posto do apalpador, onde se atopa unha imaxe xigante do carboeiro para que así quen o desexar, poda tirar unha foto facendo de apalpador.


No hay comentarios:

Publicar un comentario