12 ene. 2018

Debate "O Marín que queremos"

Debate "O Marín que queremos"
Día: 19 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión 'Portocelo' abre as súas actividades para este exercicio o próximo venres día 19, ás 20.00h no Museo M. Torres, cunha charla-coloquio aberta á cidadanía sobre a política municipal, na que baixo o lema 'O Marín que queremos', intervirán Xosé Emilio Dopazo Recamán (Ldo. en Económicas. Economía Pública) que presentará a súa poñencia 'Ensanche Marín 2020. Abrir Marín ó mar' e Antón Pousada (presidente do colectivo cultural 'Ronsel'; ex Profesor de Tecnoloxía e ex concelleiro) que falará sobre 'Seixo, outra realidade'. En ambas poñencias faise referencia ás demandas sobre as que veñen insistindo os marinenses nos últimos meses como o Auditorio, o destino da Casa do Mar, o Pavillón de Deportes de Seixo, infraestruturas para os deportes náuticos,  un plan director para a Lagoa de Castiñeiras, etc. 
O coloquio será dirixido polo presidente do foro de opinión Angel G. Carragal e  desenvolverase a modo de coloquio aberto no que poderán participar todas as persoas que asistan se o desexaren. Neste sentido a organización fai un especial chamamento a  representantes do asociacionismo marinense de representantes políticos para que participen no coloquio, acheguen e intercambien as súas opinións e experiencias ao debate. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario