28 feb 2018

Debate “O reto da igualdade en Galicia”


Debate “O reto da igualdade en Galicia”
Día: 23 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión 'Portocelo' seguindo o seu costume de anos anteriores de unirse á exaltación do 'Día Internacional da Muller', organiza un debate sobre 'O reto da Igualdade en Galicia' que terá lugar o venres día 23 de marzo ás 20.00h na Biblioteca Pública.
Neste debate participarán catro deputadas no Parlamento de Galicia, 'voceiras de Igualdade' nos seus respectivos grupos parlamentarios: Marián García Miguez (PPdG); María Pierres (PSdG-PSOE); Paula Vázquez (En Marea) e Montserrat Prado (BNG). 
As catro poñentes debatirán e intentarán dar resposta á pregunta de se se aplica e cumpre a Lei Orgánica de Igualdade, que xa cumpriu dez anos da súa aprobación. Tamén abordarán as reivindicacións máis actuáis postas a debate na opinión pública, especialmente a brecha, tanto laboral como nos demais ámbitos da sociedade, que existe entre homes e mulleres.
Ao final do debate, que estará dirixido e moderado polo xornalista de prensa e radio Eugenio Giráldez, as catro deputadas manterán un coloquio coa asistencia. A entrada é libre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario