23 may 2018

Concerto de Brais Calles


Concerto de Brais Calles
Día: 1 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza na súa sede social este venres 1 de xuño ás 20:30h un concerto do músico vigués Brais Calles.
Este músico de formación tradicional ofrecerá un concertó de handpans, unha nova e peculiar familia de instrumentos de enxeñosa capacidade melódica, baseada na resonancia armónica do aceiro.
Brais Calles, despois de unha longa traxectoria formativa, comeza a tocar este instrumento no ano 2009 ao mesmo tempo que forma parte de bandas como Akiba Jazz, Black Iguana e Jasmine Seinuk coas que actúa en Barcelona e outras localidades. No 2014 debuta con Sycon Pan e Music Within, no Brunel Museum Thames Tunnel de Londres, no 2016 regresa a Galicia para participar no espectáculo Redes do Ensemble Galería de Alejandro Garrido arranxando obras de Stravinski e Ligeti.
A mediados do 2017 presenta o seu primer traballo como solista no que adapta e interpreta a J.S. Bach, Beethoven, Debussy e Badalmenti entre outros, facendo xiras por diversos festivais e teatros, onde realiza unha labor pedagóxica enfocada a divulgación deste aínda descoñecido instrumento.
No concertó poderase escoitar diversas melodías de música clásica interpretadas con este curioso instrumento.
A entrada ao concerto será libre ata completar a máxima capacidade do local.


No hay comentarios:

Publicar un comentario