8 may 2018

Debate sobre a xestión deportiva local


Debate sobre a xestión deportiva local
Día: 22 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO organiza un debate sobre a 'Xestión Deportiva Local' que terá lugar o próximo día 22, martes, no Museo M. Torres ás 20.30h e no que actuará como poñente o marinense Alexandre Sanjorge, técnico de asistencia deportiva (TAD) da Universidade de Vigo. Participarán tamén Luis Santiago,  responsable daa dirección deportiva do Marín Peixe Galego; Bernardo Jácome presidente da E.D. 'Vila de Marín' e Alberto del Río, entrenador do C.C. Marín, quen achegarán as súas opinións e experiencias sobre como se xestiona desde a administración municipal o deporte local.
Durante o debate falarase sobre o funcionamiento das EDM, da necesidad ou non da creación de novas instalacións deportivas, criterios de distribución do Plan Municipal de Axudas a Clubes, promoción e fomento do deporte desde o Concello, etc."
O debate leva implícito un coloquio cos asistentes, especialmente cos presidentes ou representantes dos clubes deportivos marinenses que asistan para o cal serán previamente invitados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario