7 may. 2018

Presentación “Á calor da lareira”


Presentación “Á calor da lareira”
Día: 11 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, 11 de maio, o Ateneo Santa Cecilia acollerá  a partir das 20:30h a presentación do libro "Á calor da Lareira" do escritor moañés Luis Chapela Bermúdez.
“Á calor da lareira” é un libro fresco, primaveral que soña camiños colmados de vida, onde recenden forestas que medran nas veas do pasado recente, veigas de millo que agochan fantasiosos segredos, lúas que encheron noites de paixón e moenda na beira dos ríos, soños de patrias que apenas chegaron, días de colleitas en silencio.
Todo acontece baixo a protección do lume entre a brétema dos universos asolagados.
O acto será de acceso libre, na sede do Ateneo en Rúa do Forno nº42, baixo Marín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario