Inauguración da exposición “Mar de Marín”
Día: 16 de outubro
Hora: 19h
Lugar: Museo Manuel Torres
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Portocelo inaugura este
martes 16 de outubro no Museo Manuel Torres de Marín ás 19h a exposición “Mar
de Marín”.
Esta exposición que ten como protagonista
principal o mar pretende reivindicar o achegamento de Marín ao mar e viceversa.
É unha chamada de atención ao goberno municipal para que lle reclame á
Autoridade Portuaria máis espazos abertos que permitan a vista, desde a
contorna urbana, á ría.
A exposición conta cun grande número de
fotografías dixitais baixadas das redes sociais, coa autorización das súas
autoras e autores, do mar en Marín desde diversas localizacións.
A exposición poderá visitarse desde o día da
inauguración, o día 16 de outubro, ata o 26 deste mes nos horarios habituais de
apertura do Museo Manuel Torres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario