Presentación “O colapso
territorial en Galiza”
Día: 11 de outubro
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos
Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín abre o curso
2018/2019 coa presentación do ensaio “O colapso territorial en Galiza” do
xeógrafo Xosé Constenla o xoves 11 de outubro a partir das 20:30h no Museo
Manuel Torres.
O “Colapso territorial en Galiza”, o ensaio co
que Xosé Constenla gañou o XVII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no
ano 2017, non é unha recompilación esmerada de vales, cantís ou cumios.
Tampouco é unha colección cartográfica ou un listado de nomes de lugares. Neste ensaio a xeografía emerxe como unha ciencia social – necesaria e
útil- portadora dunha ferramenta de extraordinario poder analítico: o espazo.
O
obxectivo do autor é poñer o espazo en primeiro lugar na lóxica interpretativa
da sociedade, ampliar esa ollada tan estendida que entende o territorio como
simple escenario para analizar tres aspectos fundamentais: as agresións ao
medio natural e patrimonial, a cuestión demográfica a carón do desequilibrio da
distribución da poboación e, ao cabo, a cidade xunto cos procesos de
urbanización.
Xosé
Constenla Vega é Doutor en Xeografía pola Universidade de Compostela, é técnico
especialista en Sistemas de Información Xeográfica. Foi profesor de xeografía
na Universidade da Coruña, na Universidade Carlos III de Madrid e investigador
no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolmento de Galiza (IDEGA).
Traballou durante 8 anos como xeógrafo na Área de Urbanismo e Ordenación do
Territorio de IDOM. Na actualidade é profesor da Universidade de Vigo na área
de Didáctica das Ciencias Sociais e tamén na Universidade de León na área de
Xeografía Humana.
Ademais
de xeógrafo, Xosé Constenla tamén é un coñecido cantautor que xa ten actuado
varias veces en Marín en actos organizados pola Asociación Queremos Galego
Marín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario