Exposición
Boix, fotógrafo de Mauthausen
do
15 ao 31 de decembro
Lugar:
Museo Manuel Torres
Organiza:
Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica
Existe
un descoñecemento xeneralizado da realidade dos galegos e españois
que estiveron nos campos de concentración e de exterminio nazis. Por
este motivo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
de Marín e a ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria
Histórica) organizan en colaboración co Concello de Marín e do
programa Pontegal da Deputación de Pontevedra no Museo "Manuel
Torres" de Marín do 15 ao 31 de decembro unha exposición sobre
Francesc Boix.
Francisco
Boix (Barcelona, agosto de 1920-París, xullo 1951) axudou a condenar
a barbarie nazi grazas ás fotografías que sacou do campo de
concentración e que serviron de proba durante os xuizos de
Nuremberg. A súa vida empezou a ser coñecida grazas ao documental
“Francisco Boix: un fotógrafo en el infierno” de Llorenç Soler,
que descubreu a súa historia e o seu arquivo en 1974. Boix chegou ao
campo o 27 de xaneiro de 1941 e ser fotógrafo e saber alemán
permiteulle retratar o horror; fotografiaba todo o que lle ordenaban
e tamén revelaba todas as fotografías dos oficiais das SS. Logrou
rescatar os negativos e publicar as fotos, que conmocionaron ao
mundo; grazas ao seu traballo e á súa testemuña foron condenados
moitos responsables da masacre nazi. A súa historia está agora nos
cines, coa película “El fotógrafo de Mauthausen”, estrenada o
pasado mes de outubro.
Durante
esa segunda quincena de decembro, e tendo como eixe a citada
exposición, a ARHM de Marín organiza outras actividades que terán
lugar tamén no Museo Municipal:
O
martes 18, haberá unha mesa redonda sobre as deportacións, na que
intervirá a investigadora María Torres e a xornalista e tamén
investigadora Sara Vila, xunto con familiares de deportados. Comezará
ás 20:00 h e Quodlibet porá o broche musical.
O
sábado 22, ás 12:30h., poderase asistir ao visionado do documental
“Mauthausen, regreso ao campo da morte”, seguido dun encontro co
investigador Eladio Fernández Manso.
O
xoves 27, a partir das 20:00h., o investigador pontevedrés Xosé
Álvarez Castro falará de “Pontevedreses nos campos de
concentración”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario