Visita do Apalpador
Día: 31 de decembro
Hora: 17h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Almuinha
A A.C. Almuinha, A.C.D. Gharaboto e a
Asociación Marinense de Artesáns estamos a organizar a chegada do Apalpador a
nosa vila, que terá lugar o domingo 30 de decembro. A partir das 17:00h.
percorrerá as rúas de Marín acompañado do seu grupo de músicos (Os de Marín),
achegándose á rapazada e repartindo doces. Ás 18:30h. chegará á carpa da
Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará
entrega dos premios do IV Concurso de Debuxos "Debuxando ao
Apalpador".
Mais para aliviar a
espera, onte inauguramos o posto do Apalpador na carpa da Feira de Artesanía,
onde instalamos unha imaxe xigante do carboeiro para facer un Photocall, e quen
o desexe poderá tirarse unha foto facendo de Apalpador, así como darse unha volta
pola Feira, onde seguro atoparán cousas ben interesantes para os agasallos
destas festas.
E por outra banda, organizamos o IV Concurso de debuxo
"Debuxando o Apalpador", cuxas bases engadimos a continuación, e
animamos aos/ás máis pequenos/as a que participen e leven os seus
traballos á carpa até o día 30 de decembro ás 12. O ano pasado participaron
máis de 60 nenos/as, así que este ano agardamos que sexan máis!
Bases do IV Concurso "Debuxando ao
Apalpador":
1. Os debuxos deberán versar sobre a
figura do Apalpador, e levará un lema escrito en galego.
2. Haberá tres categorías. Unha
primeira para nenos/as entre 3 e 5 anos. A segunda para nenos/as con idades
entre 6 e 8. E a terceira será para nenos/as entre 9 e 12 anos.
3. Para poder participar no concurso,
cada neno/a deberá presentar un deseño orixinal, con calquera material ou
técnica, relativo á figura do Apalpador. O deseño será presentado nunha folla
de papel ou cartolina de tamaño A4.
4. Entregaranse 9 premios, para os tres
mellores debuxos de cada categoría.
5. Os traballos terán que ser
entregados como data tope o 30 de decembro ás 12 na Carpa da Feira de
Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro de Marín. Os debuxos serán expostos na
Carpa desde o momento da entrega.
6. Para identificar os traballos, na
parte de atrás dos debuxos deberá constar o nome e apelidos do autor, teléfono
de contacto, así como a súa idade.
7. O xurado estará composto por 4
persoas: unha da A.C.D. O Gharaboto, outra da A.C.Almuinha, outra da Asociación
de Artesáns de Marín e o propio Apalpador.
8. O veredicto do xurado darase a
coñecer e os premios entregados polo propio Apalpador o día 30 de decembro ás
18:30h. na Carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro de Marín.
9. A participación no concurso supón a
autorización expresa para a difusión das imaxes.
10. A participación no concurso supón a
aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio das 3
entidades organizadoras da actividade na resolución de calquera cuestión non
prevista nestas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario